Axudas á internacionalización dixital das pemes galegas (Galicia Exporta Dixital) - 2020


  • 24/01/2020
  • 25/05/2020
Accede desde aquí

IG401D - Axudas á internacionalización dixital das pemes galegas (Galicia Exporta Dixital) - 2020

Data de publicación: 18 de xuño de 2020 (inicialmente o 24/01/2020)

Data inicio de solicitude: 19 de xuño de 2020

Data fin solicitude: 30 de novembro de 2020 (nova data por motivos da ampliación pola COVID-19)

Obxecto

As bases teñen por obxecto apoiar as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización dixital conscientes de que o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitvidade nos mercados internacionais.

Considérase que o desenvolvemento de plans empresariais de internacionalización dixital repercute nas posibilidades de negocio, posibilitando a presenza en mercados, facilitando o aceso a clientes, reducindo os custos de transacción e publicidade, e permiten abrir canles comerciais novos, achegando así medios máis eficaces para a potenciación de actividades económicas internacionais e o incremento das exportacións.

O obxecto último destas bases é o desenvolvemento e a implementación dun plan de internacionalización dixital de empresa.

Características da axuda

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por empresa, cun gasto subvencionable mínimo, igual ou superior a 25.000 € e máximo de 125.000 € por empresa. De superar este máximo, procederase a axustar o gasto a este límite máximo. 

En concreto, subvenciónanse os seguintes tipos de gastos:

A. Consultaría necesaria para a elaboración de:

a) Diagnóstico de potencial exportador dixital.
b) Plans de internacionalización dixital multicanle.
c) Plans de mercados electrónicos concretos.
d) Gastos de asesoría xurídica e legal para a internacionalización dixital.

B. Software de:

a) Soluciones tecnolóxicas P.I.M. (Product Information Management) para crear, xestionar e conectar catálogos dixitais internacionais multi-idioma.
b) Adquisición, programación a medida e integración de conectores entre plataformas e con sistemas de información (ERPs). 
d) Solucións de intelixencia automatizada para a optimización da supply chain e do fullfillment, por exemplo, para a venda preditiva e o aprovisionamento.
e) Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio on line. Inclúese desde a compra das solucións tecnolóxicas, a súa integración e tamén a súa xestión como servizo a vendedores on line por parte de axencias.

C. Outros gastos de:

a) Creación e adaptación de tendas on line e catálogos on line para o márketing e vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
b) Campañas de posicionamento SEM en directorios internacionais con buscadores e en plataformas.
c) Servizos de call center internacionais para dar soporte á venda on line. 

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran a definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014 da Comisión.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

d) Tamén poderán ser beneficiarias aquelas pemes dedicadas ao comercio retallista, que non precisan estar dadas de alta en programas do punto anterior da convocatoria publicada no DOG.


Publicación DOG Publicación Ampliación DOG

Ficha informativa na sede electrónica

Válido desde: 
Viernes, 24 Enero, 2020
Válido hasta: 
Lunes, 25 Mayo, 2020