Préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia - 2020


  • 24/01/2020
  • 30/12/2020
Accede desde aquí

IG408B - Préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia - 2020

Data de publicación: 24 de xaneiro de 2020

Data de inicio solicitude: 25 de xaneiro de 2020

Data de remate solicitude: 30 de decembro de 2020 (ou ata esgotar o crédito orzamentario)

Obxecto

Os préstamos regulados por estas bases teñen por obxecto financiar proxectos empresariais viables para implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran ademais os requisitos específicos establecidos no anexo I para cada modalidade de préstamo.

Características dos préstamos

O Igape poderá financiar proxectos empresariais viables a implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran ademais os requisitos específicos establecidos no Anexo I para cada modalidade de préstamo.

Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude, e dentro do prazo concedido para a execución do proxecto.

Actividades financiables: os proxectos financiables deberán estar vinculados ás actividades establecidas como financiables, que serán as sinaladas no Anexo I para cada unha das modalidades de préstamo, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta tipoloxía de préstamos, entre outras, as persoas físicas que:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo I.

c) Acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.


Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Válido desde: 
Viernes, 24 Enero, 2020
Válido hasta: 
Miércoles, 30 Diciembre, 2020