Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2020-2021


  • 12/08/2020
  • 01/12/2020
Accede desde aquí

IN421S- Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2020-2021

Data de publicación: 12 de agosto de 2020

Data inicio de solicitude: 21 de setembro de 2020

Data remate de solicitude: 1 de decembro de 2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto convocar as subvencións aos proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos.

Características da axuda

Serán subvencionables os seguintes investimentos:

1. Os paneis solares fotovoltaicos.

2. O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cableamento, equipamentos de medida, etc.), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc.) e sistema de acumulación con baterías.

3. O resto dos accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

4. O custo de montaxe e conexión.

Ademáis os proxectos deberán ter:

Un rendemento mínimo do panel fotovoltaico do 17 % para que o proxecto sexa subvencionable.

Unha potencia máxima dos paneis fotovoltaicos do proxecto de 100 kWp.

Un investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) limitado polos 840 €/kWp que poderán incrementarse ata os 1.100 €/kWp no caso de que se instale un sistema de baterías de litio cunha capacidade de acumulación en kWh igual ou superior
á potencia pico da instalación.

Persoas beneficiarias

Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:

a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.

b) As entidades sen ánimo de lucro.

c) Empresas legalmente constituídas e as persoas traballadoras autónomas.


Publicación boletín Ficha sede

Válido desde: 
Miércoles, 12 Agosto, 2020
Válido hasta: 
Martes, 1 Diciembre, 2020