Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2020-2021
- 12/08/2020
- 01/12/2020
-
Etapa
IN421S- Subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2020-2021
Data de publicación: 12 de agosto de 2020
Data inicio de solicitude: 21 de setembro de 2020
Data remate de solicitude: 1 de decembro de 2020
Obxecto
As bases teñen por obxecto convocar as subvencións aos proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos.
Características da axuda
Serán subvencionables os seguintes investimentos:
1. Os paneis solares fotovoltaicos.
2. O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cableamento, equipamentos de medida, etc.), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota, etc.) e sistema de acumulación con baterías.
3. O resto dos accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
4. O custo de montaxe e conexión.
Ademáis os proxectos deberán ter:
Un rendemento mínimo do panel fotovoltaico do 17 % para que o proxecto sexa subvencionable.
Unha potencia máxima dos paneis fotovoltaicos do proxecto de 100 kWp.
Un investimento elixible máximo por potencia unitaria (sen IVE) limitado polos 840 €/kWp que poderán incrementarse ata os 1.100 €/kWp no caso de que se instale un sistema de baterías de litio cunha capacidade de acumulación en kWh igual ou superior
á potencia pico da instalación.
Persoas beneficiarias
Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) Empresas legalmente constituídas e as persoas traballadoras autónomas.