Axudas para a formación de cualificación e recualificación da poboación activa, vinculada prioritariamente a cualificacións profesionais en sectores estratéxicos e mellora das capacidades - 2022


  • 30/03/2022
  • 30/04/2022
Accede desde aquí

BDNS 616550 - Axudas para a formación de cualificación e recualificación da poboación activa, vinculada prioritariamente a cualificacións profesionais en sectores estratéxicos e mellora das capacidades - 2022

Data de publicación: 30/03/2022

Data de inicio solicitude: 31/03/2022

Data de remate solicitude: 30/04/2022

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto convocar as axudas destinadas á formación non formal de cualificación e recualificación da poboación activa, vinculada a cualificacións profesionais incluídas no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, en sectores estratéxicos, para empresas, asociacións empresariais e entidades sen ánimo de lucro e proceder á súa convocatoria no ano 2022.

A finalidade destas axudas é conceder subvencións para o desenvolvemento de proxectos que contribúan aos obxectivos descritos. Os proxectos subvencionables no marco deste Programa incluirán:

a) Proxectos de empresas para a formación das súas persoas traballadoras vinculadas mediante unha relación laboral, e que permitan a actualización das súas competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial de que se trate. Poderase incluír nestes proxectos a organización de procedementos previos de acreditación das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, nos termos previstos no Real Decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral. Estes proxectos poderán ser financiados con ata un máximo do 30% dos fondos dispoñibles en cada convocatoria.

b) Proxectos de agrupacións empresariais, consorcios, organismos e entidades sectoriais que representen ou agrupen empresas, destinados á formación de traballadores dun conxunto de empresas pertencentes ou vinculadas á persoa beneficiaria e que permitan a actualización das súas competencias profesionais ou a adquisición doutras novas no marco sectorial e empresarial de que se trate. Poderase incluír nestes proxectos a organización de procedementos previos de acreditación das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, nos termos previstos no Real Decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral. Estes proxectos poderán ser financiados con ata un máximo do 60% dos fondos dispoñibles en cada convocatoria.

c) Proxectos de entidades sen ánimo de lucro que presenten propostas de formación, e no seu caso, de acompañamento para a acreditación das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, para poboación activa en procura de emprego, así como para colectivos de especial vulnerabilidade. Estes proxectos poderán ser financiados con ata un máximo do 10% dos fondos dispoñibles en cada convocatoria.

Características da axuda

Gastos dirixidos á formación de persoas traballadoras a través de módulos de formación referenciados no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, incluíndo todos os custos indubitadamente vinculados á formación, tales como gastos organizativos, gastos directos e indirectos que puidesen xerarse como consecuencia da programación, difusión, implementación, seguimento, avaliación e certificación das actividades formativas, gastos de persoal formador, gastos para o alugueiro de infraestruturas físicas ou telemáticas, e outros gastos asociados.

Gastos asociados ao acompañamento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, e vías non formais de formación dos traballadores

Persoas beneficiarias

Poderán acollerse ás axudas establecidas nesta orde os seguintes beneficiarios:

Empresas, a título individual e que presenten proxectos de formación e, no seu caso, de acompañamento para a acreditación das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral. As empresas poderán ser de titularidade de persoas físicas, sociedades anónimas, sociedades de responsabilidade limitada e outras formas xurídicas admitidas en dereito.

Agrupacións de empresas, consorcios, organismos e entidades sectoriais, de calquera dimensión, que presenten proxectos de formación, e no seu caso de acompañamento para a acreditación das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, para un número conxunto non inferior a 20 persoas traballadoras das distintas empresas. As agrupacións de empresas estarán ao previsto no artigo 11 da Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Entidades sen ánimo de lucro que presenten proxectos de formación, e no seu caso de acompañamento para a acreditación das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, para poboación activa en procura de emprego, así como para colectivos de especial vulnerabilidade. Non poderán participar nestes proxectos persoas ocupadas que non pertenzan a colectivos de especial vulnerabilidade.

As persoas beneficiarias poderán canalizar os seus proxectos a través de empresas especializadas en formación, nos termos previstos para a subcontratación. Así mesmo, os proxectos de formación poderán canalizarse mediante figuras contractuais admitidas en dereito, con centros educativos ou centros autorizados para impartir formación profesional para o emprego e sen prexuízo das responsabilidades para o beneficiario recollidas no artigo 4.


Publicación BOE

Bases reguladoras

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Miércoles, 30 Marzo, 2022
Válido hasta: 
Sábado, 30 Abril, 2022