Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos - 2022


  • 05/04/2022
  • 03/10/2022
Accede desde aquí

IN417Y - Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos - 2022

Data de publicación: 05/04/2022

Data inicio de solicitude: 19/04/2022

Data remate de solicitude: 03/10/2022

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto publicar as bases e convocar as subvencións para a realización de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industria e servizos.

Características da axuda

Proxectos de aforro e eficiencia enerxética.

Serán elixibles os custos de investimento adicionais necesarios para lograr un nivel mais elevado de eficiencia enerxética.

Os investimentos só poderán ser subvencionados sobre a base dunha auditoría enerxética, cuxos resultados se plasmarán na memoria técnica da solicitude.

1ª. Os investimentos en substitución ou mellora de equipamentos e instalacións consumidores de enerxía do proceso produtivo do sector industrial, así como dos sistemas auxiliares necesarios para o seu funcionamento, por equipamentos e instalacións que utilicen tecnoloxía de alta eficiencia ou a mellor tecnoloxía dispoñible. O aforro enerxético mínimo requirido para ser subvencionable deberá ser dun 5 % respecto do consumo inicial.

2ª. A renovación ou mellora de equipamentos de instalacións existentes de produción de calor e frío destinadas a atender a demanda de benestar e hixiene das persoas, por outras de alta eficiencia enerxética, seleccionados con base a un maior rendemento enerxético. O aforro enerxético mínimo requirido para ser subvencionable deberá ser dun 20 % respecto do consumo inicial.

3ª. A mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación existentes que leven asociada unha redución anual de, ao menos, un 40 % respecto ao consumo inicial en iluminación, garantindo un confort lumínico adecuado á tarefa que se vaia realizar.

4ª. Os investimentos en substitución ou mellora de equipamentos e instalacións consumidores de enerxía do sector servizos, así como dos sistemas auxiliares necesarios para o seu funcionamento, por equipamentos e instalacións que utilicen tecnoloxía de alta eficiencia ou a mellor tecnoloxía, que implique un aforro enerxético mínimo dun 20 % respecto do consumo inicial.

5ª. Para contribuír á comprobación dos resultados enerxéticos obtidos será subvencionable a implantación de medidas de contabilización, monitorización e telexestión do consumo de enerxía asociadas ás actuacións de aforro para as que se solicita axuda e mesmo a implantación de sistemas de procesado avanzado de datos e intelixencia artificial aplicados á optimización do consumo enerxético da empresa no tocante á análise dos consumos enerxéticos das actuacións subvencionadas.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nas bases:

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector servizos ou na industria. Só serán subvencionables as actuacións realizadas en centros de traballo localizados en Galicia.
Consideraranse sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industria, serán subvencionables as empresas cuxo CNAE 2009 comece pola división da 07 a 39, excluídas as que comecen pola división 10.2 e 12.

b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia.

Para poder ser destinatarias últimas das axudas, estas empresas deberán actuar en función dun contrato de servizos enerxéticos con algunha empresa das indicadas na letra a) e deberán contar, en todo caso, co visto e prace do titular da instalación, por se a concesión da axuda dese lugar a modificación do contrato existente entre ambas as partes.


Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Martes, 5 Abril, 2022
Válido hasta: 
Lunes, 3 Octubre, 2022