Préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia


  • 13/01/2025
  • 01/12/2025
Accede desde aquí

IG408B - Préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia

Data de publicación: 13/01/2025

Data inicio de solicitude: 20/01/2025

Data remate de solicitude: 01/12/2025

Obxecto

Publicar as bases reguladoras dos préstamos directos do Igape para o financiamento empresarial en Galicia, e convocar os ditos préstamos para o ano 2025 en réxime de concorrencia non competitiva.

Características da axuda

No anexo I da convocatoria contémplanse as seguintes modalidades:

1. Préstamos para investimentos estratéxicos.

2. Préstamos para a concentración de empresas.

3. Préstamos para proxectos de desenvolvemento tecnolóxico e innovación.

4. Préstamos para financiar capital circulante na industria manufactureira, enmarcados nun proceso de reestruturación de débedas, e para as empresas do sector da pesca, acuicultura, así coma a transformación e comercialización dos produtos destes sectores.

5. Préstamos para financiar a implantación de empresas galegas no exterior.

6. Préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval.

7. Préstamos para financiar a operativa de centros tecnolóxicos, asociacións empresariais, fundacións e entidades que desenvolvan actividades económicas, actividades de I+D ou presten servizos de interese para o tecido empresarial galego.

Sen prexuízo das limitacións establecidas no anexo I para cada unha das modalidades de préstamo, poderán ser financiados os seguintes conceptos:

a) Bens tanxibles cuxo uso previsto pola persoa beneficiaria sexa a produción ou subministro de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos.

b) Bens intanxibles adquiridos a terceiros, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.

c) Gastos de desenvolvemento tecnolóxico e innovación referidos a un proxecto concreto.

d) Capital de explotación, entendendo como tal o incremento permanente de capital corrente necesario para a actividade.

e) Investimentos financeiros consistentes na compra de accións ou participacións, enmarcados nun plan de concentración ou sucesión de empresas.

f) Adquisición de unidades produtivas en funcionamento, coa incorporación de activos en uso, fondo de comercio e, se é o caso, de pasivos.

g) Investimentos financeiros en sucursais, filiais e/ou sociedades nas que se conte ou pretenda acadar unha participación significativa no capital, domiciliadas en determinados países, realizados en base a un plan de expansión internacional.

h) Gastos de traslado de unidades produtivas con destino a centros de traballo ubicados en Galicia, xa sexa creando novos centros de traballo ou ampliando novos existentes para a concentración de actividades. .

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no anexo I da convocatoria.

Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo I, poderán ser tamén persoas beneficiarias as persoas físicas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, agrupacións de interese económico, as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos. Cando non teñan personalidade xurídica, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como no acordo de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se van a aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos previsto nos arts. 35 e 63 da Lei 9/2007..

Publicación DOG

Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Lunes, 13 Enero, 2025
Válido hasta: 
Lunes, 1 Diciembre, 2025