Axudas do IGAPE á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais


  • 26/01/2018
  • 26/03/2018
Accede desde aquí

IG501A - Galicia Rural Emprende - Creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais (2018).

Data de publicación: 25/01/2018

Data inicio de solicitude: 26/01/2018

Data fin solicitude: 26/03/2018

Obxecto

As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas aos proxectos dirixidos á creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sostenibilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.

Características da axuda

Subvención a fondo perdido en réxime de concurrencia competitiva e suxeita ao réxime de mínimis

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas físicas que residan nunha zona rural e que creen unha nova empresa ou que inicien unha actividade distinta á que tiñan no momento da solicitude da axuda

2. As persoas titulares ou membros duna unidade familiara dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que a desenvolvan na propia explotación.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Válido desde: 
Viernes, 26 Enero, 2018
Válido hasta: 
Lunes, 26 Marzo, 2018