Subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de eficiencia enerxética
- 31/01/2018
- 28/02/2018
-
Etapa
IN417Y - Subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxetos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria, servizos e agrícola primario (2018).
Data de publicación: 30/01/2018
Data inicio de solicitude: 31/01/2018
Data fin solicitude: 28/02/2018
Obxecto
As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industrial, servizos e agrícola primario, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos (código de procedemento IN417Y).
Características da axuda
Subvención a fondo perdido en réxime de concurrencia competitiva e de réxime de mínimis, cuns topes segundo as distintas características dos proxectos:
1) Auditorías enerxéticas, entre 3.000 € e 20.000 €
2) Implantación de sistemas de xestión certificados, entre 5.000 € e 25.000 €
3) Proxectos de aforro e eficiencia enerxética, entre 5.000 € e 15.000 €
Persoas beneficiarias
Entre outras, as persoas autónomas que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG