Subvencións para accións formativas con compromiso de contratación dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas


  • 06/02/2018
  • 05/04/2018
Accede desde aquí

TR301P - Subvencións para accións formativas con compromiso de contratación dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas (2018).

Data de publicación: 05/02/2018

Data inicio de solicitude: 06/02/2018

Data fin solicitude: 05/04/2018

Obxecto

As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das subvencións para o financiamento das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas con compromiso de contratación e da actividade laboral asociada, dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, a través do Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata.

Serán subvencionables as accións formativas para o emprego con compromiso de contratación que garden relación coa actividade empresarial das entidades solicitantes, dirixidas a persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e que inclúan o compromiso de contratación na Comunidade Autónoma de Galicia, por un período mínimo de seis meses a xornada completa, ou nove meses no caso de que a contratación sexa a tempo parcial.

Características da axuda

Subvención a fondo perdido en réxime de concurrencia competitiva

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Válido desde: 
Martes, 6 Febrero, 2018
Válido hasta: 
Jueves, 5 Abril, 2018