Axudas aos plans de restruturación e reconversión da viña en Galicia
- 16/04/2018
- 16/05/2018
-
Etapa
MR446A - Axudas aos plans de restruturación e reconversión da viña en Galicia
Data de publicación: 16/04/2018
Data inicio de solicitude: 17/04/2018
Data fin de solicitude: 16/05/2018
Obxecto
Estas axudas céntranse en apoiar a aplicación nas viñas da Comunidade Autónoma de Galicia das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español (destinadas á produción de uva para vinificación, cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións de vide para calquera das superficies de viña da súa explotación) . (Código MR446A).
Características da axuda
Estas axudas teñen como obxectivo axudar a levar a cabo plans de reestructuración e reconversión de viñas, podendo conter operacións anuais e / ou bianuais e individuais ou colectivos (cun mínimo de 5 persoas viticultoras)
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación e os futuros viticultores segundo o establecido no marco do Programa nacional de apoio ao sector vitivinícola 2019-2023 (PASVE 2019-2023).
Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG.