Axudas para fomentar o emprego das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social - Programa emprego con apoio
- 10/08/2018
- 10/09/2018
-
Etapa
TR341L - Axudas para fomentar o emprego das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social - Programa emprego con apoio
Data de publicación: 10 de agosto de 2018
Data de inicio solicitude: 11 de agosto de 2018
Data de remate solicitude: 10 de setembro de 2018
Obxecto
A axuda regulada por estas bases teñen por obxecto subvencionar ás entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos laborais e de seguridade social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións
de emprego con apoio.
Características da axuda
A subvención establecida neste programa destinarase a financiar custos laborais e de Seguridade Social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que se xeren durante o período de desenvolvemento do proxecto de emprego con apoio, dentro do período subvencionable.
A dita contratación poderase realizar tanto durante o desenvolvemento do proxecto como con anterioridade ao seu inicio.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas traballadoras autónomas, que contraten as persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social beneficiarias das ditas accións de apoio, sempre que conten no seu cadro de persoal con preparadores e preparadoras laborais especializados que cumpran os requisitos establecidos no artigo 24 ou se comprometan a incorporalos, e que dispoñan dos recursos materiais necesarios que garantan un desenvolvemento adecuado dos programas de emprego con apoio.
Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.