Axudas aos proxectos de investimento empresarial


  • 26/09/2018
  • 28/12/2018
Accede desde aquí

IG408A -  Axudas aos proxectos de investimento empresarial - 2018

Data de publicación: 26 de setembro de 2018

Data de inicio solicitude: 27 de setembro de 2018

Data de remate solicitude: 28 de decembro de 2018

Obxecto

Estas axudas teñen por obxecto estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma e potenciar o mantemento e creación de emprego, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Así mesmo, preséntase como un instrumento axeitado para incidir no desenvolvemento da industria, en liña coa Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0, aprobada polo Consello da Xunta de Galicia en data do 13 de maio de 2015.

Características da axuda

A subvención prevista nesta axuda apoirá aos seguintes tipos de proxectos:

1. Creación dun novo establecemento.

2. Ampliación de capacidade dun establecemento existente.

3. Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían nel.

4. Transformación fundamental do proceso global de produción dun establecemento existente. Estes proxectos suporán a implementación dunha innovación no proceso global de produción que impliquen o uso por primeira vez de métodos de organización que inclúan melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo, dos sistemas de produción ou a integración de áreas funcionais da empresa.

O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 € e non superior a 2.000.000 de €, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas autónomas que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia para desenvolver algunha das actividades subvencionables que se sinalan nas bases e que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25 % dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.

Válido desde: 
Miércoles, 26 Septiembre, 2018
Válido hasta: 
Viernes, 28 Diciembre, 2018