Axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2019-2020
- 11/12/2018
- 18/01/2019
-
Etapa
IG422B- Axudas ao desenvolvemento do Plan Foexga - 2019 - 2020
Data de publicación: 11 de decembro de 2018
Data de inicio solicitude: 18 de decembro de 2018
Data de remate solicitude: 18 de xaneiro de 2019
Obxecto
As axudas teñen por obxecto subvencionar actuacións de internacionalización organizadas e executadas por unha entidade colaboradora adherida que participen un mínimo de dúas empresas do seguinte tipo:
- Misións empresariais directas ao estranxeiro (incluíndo encontros empresariais ou visitas a feiras que teñan lugar en calquera país estranxeiro).
- Participación en feiras ou noutros eventos expositivos que se celebren no estranxeiro, así como aqueles outros eventos promocionais do tipo congresos, conferencias ou sipnosios que aínda que non teñan un compoñente expositivo como tal, permitan indudablemente a promoción da empresa a nivel internacional e teñan lugar no estranxeiro.
A contía da axuda será dun 90% sobre o importe dos gastos subvencionables.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias, entre outras, as persoas traballadoras autónomas ou por conta propia co centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia e que estean dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización con informe positivo emitido a partires do 1 de xaneiro de 2013.
Neste enlace se pode acceder ao texto completo da Orde.
Válido desde:
Martes, 11 Diciembre, 2018
Válido hasta:
Viernes, 18 Enero, 2019