Axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais - 2019
- 04/01/2019
- 04/03/2019
-
Etapa
IG501A- Axudas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais - 2019
Data de publicación: 4 de xaneiro de 2019
Data de inicio solicitude: 5 de xaneiro de 2019
Data de remate solicitude: 4 de marzo de 2019
Obxecto
Publicar a convocatoria do procedemento para subvencionar proxectos dirixidos a crear emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento de emprego, sustentabilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en termos económicos como sociais.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias:
- Las personas titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación
- As microempresas e pequenas empresas de nova creación (incluídas as persoas autónomas) ou que inicien unha actividade distinta á que tiñan no momento da solicitude da axuda
Neste enlace se pode acceder ao texto completo da resolución.
Válido desde:
Viernes, 4 Enero, 2019
Válido hasta:
Lunes, 4 Marzo, 2019