Subvencións para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas - 2019


  • 27/12/2018
  • 11/02/2019
Accede desde aquí

TR301P - Subvencións para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas (2019)

Data de publicación: 28/12/2018

Data inicio de solicitude: 29/12/2018

Data fin solicitude: 28/01/2019 Ampliada ata o 11/02/2019

Obxecto

As bases regulan o financiamento das accións formativas para o emprego con compromiso de contratación en unidades formativas nas empresas e da actividade laboral asociada, dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, a través do programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata.

Características da axuda

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as accións formativas para o emprego con compromiso de contratación que garden relación coa actividade empresarial das entidades solicitantes, dirixidas a persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e que inclúan o compromiso de contratación na Comunidade Autónoma de Galicia dun mínimo do 40 % do alumnado formado, por un período mínimo de seis meses a xornada completa, ou 9 meses no caso de que a contratación sexa a tempo parcial. 

Nos compromisos de contratación deberá figurar información relativa a: necesidades formativas e postos de traballo que se pretenden cubrir; proceso selectivo previo á formación, de ser o caso; perfís das persoas que se pretende contratar; número de persoas que se comprometen a contratar; tipo de contrato laboral para cada unha das ditas persoas, con detalle da duración prevista en cada caso, centro de traballo, ademais do número de persoas empregadas no cadro laboral da empresa ou entidade contratante na data de publicación da convocatoria.

No momento da selección deberá ser informado o alumnado de todos e cada un dos aspectos referidos no parágrafo anterior e no compromiso de contratación deberase outorgar prioridade ao alumnado formado que superase a acción formativa.

Os contratos laborais en que se plasme o compromiso de contratación, poderanse beneficiar dos incentivos ou beneficios na cotización á Seguridade Social ou doutro tipo de axudas que puidesen corresponder polo mesmo contrato, de conformidade coa normativa que regule os tales incentivos ou beneficios.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG

Válido desde: 
Jueves, 27 Diciembre, 2018
Válido hasta: 
Lunes, 11 Febrero, 2019