Préstamos pemes Galicia - Programa operativo Feder Galicia 2014-2020
- 28/12/2018
- 31/12/2019
-
Etapa
IG-534C - Préstamos pemes Galicia - Programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (2019)
Data de publicación: 28/12/2018
Data inicio de solicitude: 29/12/2018
Data fin solicitude: 31/12/2019
Obxecto
As bases regulan os préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e convocar os ditos préstamos en réxime de concorrencia non competitiva.
Características da axuda
Facilitar o acceso ao crédito a aqueles proxectos economicamente viables dos sectores vinculados coa estratexia do programa operativo Feder 2014-2020, como son o fomento de investimentos en innovación e investigación, a promoción do espírito empresarial, o aproveitamento económico de novas ideas e o impulso da creación de novas empresas, así como a promoción do crecemento e consolidación das pemes nos mercados rexionais, nacionais e internacionais.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas.
Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada no DOG
Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia