Axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas


  • 14/01/2019
  • 31/01/2019
Accede desde aquí

MR361A - Axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas (2019)

Data de publicación: 14/01/2019

Data inicio de solicitude: 15/01/2019

Data fin solicitude: 31/01/2019

Obxecto

Estas bases regulan a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas no programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2019.

Características da axuda

Serán admisibles as operacións relativas a investimentos tanxibles ou intanxibles que axuden a acadar, polo menos, un dos obxectivos estratéxicos seguintes:

a) Fomentar a agrupación dos primeiros elos da cadea alimentaria mediante a integración das entidades asociativas e o asociacionismo agrario.
b) Fomentar a sustentabilidade integral das industrias nos seus ámbitos económico, social e ambiental.
c) Fomentar os procesos sustentables desde o punto de vista ambiental a través do aforro de enerxía, a eficiencia enerxética global, a utilización de enerxías renovables e a valorización e tratamento dos residuos.
d) Fomentar a certificación ambiental das instalacións das empresas vitivinícolas.
e) Fomentar a produción ecolóxica.
f) Fomentar os produtos acollidos a réximes de calidade e os pagamentos de uva por calidade.
g) Favorecer o incremento da dimensión empresarial.
h) Favorecer a participación dos viticultores e elaboradores na cadea de valor.
i) Fomentar os investimentos en comercialización.
j) Fomentar a innovación e a implantación de novos produtos e novas presentacións.
k) Impulsar a introdución das tecnoloxías dixitais nas empresas (Industria Conectada 4.0). 

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada no DOG

Válido desde: 
Lunes, 14 Enero, 2019
Válido hasta: 
Jueves, 31 Enero, 2019