Programa I: fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación - 2019


  • 25/01/2019
  • 31/07/2019
Accede desde aquí

TR807I - Programa I: fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación (2019)

Data de publicación: 25/01/2019

Data inicio de solicitude: 26/01/2019

Data fin solicitude: 31/07/2019

Obxecto

As bases regulan o contido e procedemento deste Programa para xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.

Características da axuda

O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:

a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

Persoas beneficiarias

Entre outras, as persoas autónomas de nova creación con domicilio social, fiscal e centro de traballo en Galicia.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada no DOG

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

Válido desde: 
Viernes, 25 Enero, 2019
Válido hasta: 
Miércoles, 31 Julio, 2019