Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento - 2019
- 29/01/2019
- 28/02/2019
-
Etapa
TU503A - Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento - 2019
Data de publicación: 28/01/2019
Data inicio de solicitude: 29/01/2019
Data fin solicitude: 28/02/2019
Obxecto
As bases regulan as axudas para a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas de establecementos de aloxamento turístico.
Características da axuda
Consideraranse actuacións subvencionables todos aqueles que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2019. En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece na resolución publicada, os seguintes investimentos:
1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de calidade turística.
3. Actuacións destinadas á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
4. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.
5. Actuacións relativas á renovación e modernización das instalacións así como embelecemento do contorno.
6. Renovación dos equipamentos mobles necesarios para o funcionamento do establecemento de aloxamento.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas físicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia.
Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da resolución publicada no DOG