Axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade - 2019


  • 15/02/2019
  • 15/05/2019
Accede desde aquí

MR362A - Axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade (2019)

Data de publicación: 15/02/2019

Data inicio de solicitude: 16/02/2019

Data fin solicitude: 15/05/2019

Obxecto

As bases regulan as axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Características da axuda

Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación no dito réxime, incluídos, de ser o caso, os custos dos controis necesarios para comprobar o cumprimento do prego de condicións do réxime. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas titulares de explotacións agrarias que cumpran a condición de agricultor activo e que participen por primeira vez nalgún dos réximes de calidade dos produtos agroalimentarios recollidos no PDR de Galicia 2014-2020.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada no DOG

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

Válido desde: 
Viernes, 15 Febrero, 2019
Válido hasta: 
Miércoles, 15 Mayo, 2019