Programa de incentivos á contratación por conta allea persoas desempregadas de longa duración - 2019


  • 20/03/2019
  • 30/09/2019
Accede desde aquí

TR349R - Programa de incentivos á contratación por conta allea de persoas desempregadas paradas de longa duración (2019)

Data de publicación: 20/03/2019

Data inicio de solicitude: 21/03/2019

Data fin solicitude: 30/09/2019

Obxecto

Este programa ten como finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo.

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais e as temporais cunha duración mínima inicial de doce meses realizadas con persoas desempregadas paradas de longa duración que se formalicen desde o día 16 de outubro de 2018 ata o 30 de setembro de 2019, ambas inclusive.

Tanto a contratación indefinida inicial como a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses, para poder ser subvencionada, deberá ser a tempo completo, incluída a modalidade de fixo descontinuo.

As empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, para a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses e para a formación, incluíndose dous tipos de axudas compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas de longa duración.

b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Características da axuda

As contratacións indefinidas iniciais realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 10.000 euros por cada persoa desempregada parada de longa duración contratada que cumpra os requisitos mencionados. No caso de contratacións na modalidade de fixos-descontinuos a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo.

As contratacións temporais cunha duración mínima inicial de doce meses realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 5.000 euros por cada persoa desempregada parada de longa duración que cumpra os requisitos mencionados.

Estas contías incrementaranse nun 25 % (acumulables entre si) nos casos nos que:

  • a persoa desempregada parada de longa duración contratada sexa maior de 45 anos.
  • o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
  • a persoa traballadora contratada sexa unha persoa emigrante retornada.
  • a persoa traballodra sexa unha persoa trans.
  • a empresa con mais de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70 %.
  • a actividade da entidade solicitante pertenza ao ámbito de sectores estratéxicos.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas que contraten persoas desempregadas de longa duración por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen.

Neste enlace se pode acceder ao texto íntegro da orde publicada no DOG

Neste enlace tes máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia

Válido desde: 
Miércoles, 20 Marzo, 2019
Válido hasta: 
Lunes, 30 Septiembre, 2019