Apoio á creación de empresas para as persoas agricultoras mozas- 2019


  • 20/05/2019
  • 20/06/2019
Accede desde aquí

MR404A -  Apoio á creación de empresas para as persoas agricultoras mozas

Data de publicación: 20 de maio de 2019

Data de inicio solicitude: 21de maio de 2019

Data de remate solicitude: 20 de xuño de 2019

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas para incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización e asegurar a competitividade e a continuidade do tecido agrario

Características da axuda

A axuda concederase pola execución do plan empresarial e consistirá nunha prima cuxa cuantía básica, calculada de acordo cunha estimación dos custos da Seguridade Social da persoa moza durante os cinco anos de permanencia mínima na actividade agraria, establecida en 20.000 €, e poderá incrementarse en situacións descritas no artigo 28 da Orde, sen que a axuda total supere os 70.000 €.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas físicas que teñan entre 18 e 40 anos de idade (ambos incluídos), cumprindo co resto de requisitos establecidos no artigo 23 da Orde publicada.

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.

Neste enlace dáse máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Válido desde: 
Lunes, 20 Mayo, 2019
Válido hasta: 
Jueves, 20 Junio, 2019