Axudas á apicultura - 2019


  • 25/05/2019
  • 24/06/2019
Accede desde aquí

MR506A -  Axudas á apicultura

Data de publicación: 24 de maio de 2019

Data de inicio solicitude: 25 de maio de 2019

Data de remate solicitude: 24 de xuño de 2019

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o ano 2019.

Características da axuda

Poderán ser obxecto das axudas, de acordo coa normativa comunitaria, aquelas actividades ou investimentos que estean recollidos no programa nacional e encamiñadas a acadar os obxectivos das seguintes liñas de actuación:

Liña B. Loita contra as agresións e enfermidades da colmea, en particular contra a varroase.

Liña C. Racionalización da transhumancia.

Liña E. Medidas de apoio á repoboación da poboación española. 

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, aquelas persoas físicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias. Ademais, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.

Neste enlace dáse máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Válido desde: 
Sábado, 25 Mayo, 2019
Válido hasta: 
Lunes, 24 Junio, 2019