Axudas do Certame Nacional de Mocidade Emprendedora


  • 13/06/2019
  • 10/07/2019
Accede desde aquí

BDNS 460405 -  Axudas do Certame Nacional de Mocidade Emprendedora

Data de publicación: 12 de xuño de 2019

Data de inicio solicitude: 13 de xuño de 2019

Data de remate solicitude: 10 de xullo de 2019

Obxecto

As axudas reguladas por esta convocatoria teñen por obxecto apoiar á mocidade que lideran proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes, con independencia do sector no que se promovan. Para isto, aos dez primeiros seleccionados lles será concedida unha axuda económica que les facilite a consolidación do proxecto de empresa promovido por cada un deles.

Características da axuda

A dotación económica da axuda para cada un dos dez primeiros seleccionados é de 20.000€.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas físicas mozas con residencia legal en España e que non superen os 35 anos de idade na data límite de presentación das solicitudes.

Neste enlace pódese acceder ao texto completo da publicación.

Neste enlace dáse máis información no portal do Injuve.

Válido desde: 
Jueves, 13 Junio, 2019
Válido hasta: 
Miércoles, 10 Julio, 2019