Subvencións para promover o autoemprego das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes - 2019
- 18/06/2019
- 30/09/2019
-
Etapa
PR937A - Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora en Galicia das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes
Data de publicación: 17/06/2019
Data inicio de solicitude: 18/06/2019
Data fin de solicitude: 30/09/2019
Obxecto
Estas subvencións teñen por obxecto promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, que se establezan como persoas traballadoras autónomas, como socias traballadoras de sociedades laborais ou de cooperativas de traballo asociado (Código PR937A).
Características da axuda
Estas axudas teñen como obxecto promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan na Comunidade Autónoma galega, establécese unha contía da subvención de 5.000 euros.
O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:
a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.
b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural: 2.000 euros.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as personas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma de Galicia:
1, As persoas galegas nacidas en Galicia
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes das persoas galegas e nacidas en Galicia
3. As persoas beneficiarias das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior convocadas pola Secretaría Xeral da Emigración
Neste enlace pódese acceder ao texto completo da resolución.
Neste enlace dáse máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia.