Programa EMEGA para o fomento do emprendemento feminino - 2019


  • 05/07/2019
  • 05/08/2019
Accede desde aquí

SI429A -  Axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo FSE 2019

Data de publicación: 5 de xullo de 2019

Data de inicio solicitude: 6 de xullo de 2019

Data de remate solicitude: 5 de agosto de 2019

Obxecto

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Características da axuda

O programa Emega comprende as seguintes liñas e axudas complementarias:

  • Liña Emprende: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
  • Liña Innova: liña de axudas económicas mediante incentivos para promover a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade en empresas constituídas por mulleres, e que impliquen a creación de emprego feminino vinculado ao proxecto de mellora.
  • Liña Activa: liña de axudas económicas mediante incentivos para favorecer a reactivación e consolidación de empresas constituídas por mulleres, a través de medidas de renovación, implantación, ampliación ou cambio de localización da actividade dirixidas a paliar unha situación económica adversa e que resulten necesarias para o mantemento do emprego por conta propia e por conta allea, así como para acadar o necesario equilibrio empresarial e asegurar a súa pervivencia e consolidación no actual contexto económico. As ditas medidas non poderán supor, en ningún caso, destrución do emprego existente por conta propia e allea..
  • Liña ITEF: liña de axudas económicas mediante incentivos para impulsar a implantación de iniciativas empresariais de carácter innovador, con contido científico ou con base tecnolóxica, promovidas por mulleres e que supoñan a creación de emprego feminino estable por conta propia e allea.
  • Concilia: axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para promover a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, nas súas dúas modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de agosto de 2018 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes. Cando se trate de empresarias individuais, a solicitude deberá ser presentada pola traballadora autónoma.

En este enlace se puede acceder al texto completo de la resolución.

En este enlace se da más información en la sede electrónica de la Xunta de Galicia

Válido desde: 
Viernes, 5 Julio, 2019
Válido hasta: 
Lunes, 5 Agosto, 2019