Axudas á contratación de xestores de internacionalización - 2019


  • 15/08/2019
  • 29/11/2019
Accede desde aquí

IG638A -  Axudas á contratación de xestores de internacionalización - 2019

Data de publicación: 14 de agosto de 2019

Data de inicio solicitude: 15 de agosto de 2019

Data de remate solicitude: 29 de novembro de 2019

Obxecto

As axudas reguladas por estas bases teñen por obxecto teñen como obxectivo facilitar a adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización e a incorporación ou reinserción ao mercado laboral de profesionais no ámbito do comercio exterior, priorizando as persoas mozas sen ou con pouca experiencia e as sénior experimentadas maiores de 45 anos en situación de desemprego, ao mesmo tempo que se apoian as pemes galegas no seu proceso de internacionalización, poñendo á disposición das pemes e dos organismos empresariais información sobre profesionais con formación especializada e unha subvención a fondo perdido para a súa contratación. A presente convocatoria está cofinanciada nun 80 % polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Características da axuda

No ámbito desta axuda será subvencionable o custo dos contratos laborais por conta allea a tempo completo de xestores de internacionalización, baixo calquera das modalidades previstas na lexislación laboral vixente no momento da contratación, acordes á finalidade de axuda, excepto contratos de alta dirección. 

Os solicitantes que o desexen teñen ao seu dispor a base de datos do Igape de xestores de internacionalización.

A solicitude de axuda virá referida ao desenvolvemento dun proxecto de comercio exterior que o solicitante deberá describir en detalle no formulario de solicitude da axuda. Se o solicitante ten previsto desenvolver máis dun proxecto, pode solicitar ata un máximo de dous xestores.

Para determinar o custo subvencionable tómase como referencia o salario medio mensual bruto para a tipoloxía de contratos temporais no ano 2017, publicado polo INE, que ascende a 1.602,08 euros. Partindo deste dato, será custo subvencionable o salario mensual neto correspondente ao período de contratación, sobre o que se aplicará a porcentaxe de subvención prevista.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas traballadoras autónomas que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran coa definición de peme segundo o anexo I do Regulamento nº 651/2014, da Comisión, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, e que teñan como proxecto iniciar ou consolidar o seu proceso de internacionalización.

As persoas autónomas solicitantes terán que dispor do informe de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización realizado a través de programas do Igape a partir de 2013. De non dispor do citado informe de alta, debe solicitalo a través da oficina virtual do Igape (procedemento IG192) dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Válido desde: 
Jueves, 15 Agosto, 2019
Válido hasta: 
Viernes, 29 Noviembre, 2019