Subvencións para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas (2019-2020)
- 07/09/2019
- 07/10/2019
-
Etapa
TR301P - Subvencións para o financiamento de accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas (2019-2020)
Data de publicación: 06/09/2019
Data inicio de solicitude: 07/09/2019
Data fin solicitude: 07/10/2019
Obxecto
As bases regulan o financiamento das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas con compromiso de contratación e da actividade laboral asociada dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, a través do programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata.
Características da axuda
Serán subvencionables ao abeiro deste programa as accións formativas para o emprego con compromiso de contratación que garden relación coa actividade empresarial das entidades solicitantes, dirixidas a persoas traballadoras desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e que inclúan o compromiso de contratación na Comunidade Autónoma de Galicia nalgunha das modalidades enunciadas no capítulo III dun mínimo do 40 % do alumnado formado, por un período mínimo de seis meses a xornada completa, ou 9 meses no caso de que a contratación sexa a tempo parcial. Neste último caso, o mínimo da xornada será do 50 % da correspondente a unha persoa traballadora a tempo completo comparable. No suposto de subscribir un contrato para a formación e a aprendizaxe, a xornada de traballo será a tempo completo e a duración mínima do contrato será de 12 meses.
Nos compromisos de contratación deberá figurar información relativa ás necesidades formativas e postos de traballo que se pretenden cubrir con indicación da correspondente categoría profesional; proceso selectivo previo á formación, de ser o caso; perfiles das persoas que se pretende contratar; número de persoas que se comprometen a contratar; tipo de contrato laboral para cada unha das ditas persoas, con detalle da duración prevista en cada caso, centro de traballo ademais do número de persoas empregadas no cadro laboral da empresa ou entidade contratante na data de publicación da convocatoria.
No momento da selección deberá ser informado o alumnado de todos e cada un dos aspectos referidos no parágrafo anterior.
Os contratos laborais en que se plasme o compromiso de contratación, poderanse beneficiar dos incentivos ou beneficios na cotización á Seguridade Social ou doutro tipo de axudas que puidesen corresponder polo mesmo contrato, de conformidade coa normativa que regule tales incentivos ou beneficios.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas.