Subvencións para fomentar a adhesión á Rede de Comercios e Mercados no Camiño - 2019


  • 08/10/2019
  • 11/11/2019
Accede desde aquí

CO300F -  Subvencións para fomentar a adhesión á Rede de Comercios e Mercados no Camiño - 2019

Data de publicación: 8 de outubro de 2019

Data de inicio solicitude: 9 de outubro de 2019

Data de remate solicitude: 11 de novembro de 2019

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a creación da Rede de Comercios e Mercados no Camiño, e a regulación do procedemento de adhesión a ela. Así mesmo, esta orde aproba as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para fomentar a adhesión á rede e se convocan para o ano 2019.

A Rede de Comercios e Prazas no Camiño estará formada por establecementos comerciais retallistas e prazas de abastos cuxo domicilio social se atopen nalgún concello situado nun dos Camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia e que soliciten a súa adhesión a ela.

Os establecementos recibirán, unha vez adheridos á rede, un distintivo identificativo para colocar de xeito visible no seu establecemento comercial. Así mesmo, recibirán un paquete de benvida á rede, que consistirá en distintos elementos promocionais para a difusión da rede entre os clientes.

Os establecementos adheridos poderán participar noutras accións promocionais que desenvolva a Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Características da axuda

A convocatoria regulada por estas bases ten por obxecto a concesión de subvencións para fomentar a adhesión á Rede de Comercios e Mercados no Camiño, consistente en axudas para a edición de materiais de promoción e empaquetado de produto:

  • Edición de material de envasado e empaquetado de produto. Poderán acollerse neste punto as solucións de empaquetado exterior, tanto para o seu envío como para a presentación do produto, protección ou para o seu consumo. O deseño do material deberá seguir o manual elaborado pola Rede de Comercios e Mercados no Camiño.
  • Edición personalizada de selos para os pasaportes das persoas peregrinas que soliciten a súa selaxe nos establecementos, que cumprirá co deseño do manual antedito.
  • Poderán editarse materiais con formatos diferentes respecto ao manual logo da autorización da Dirección Xeral de Comercio e Consumo. Con anterioridade á súa edición, deberán achegar a proba de preimpresión dixital

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas comerciantes retallistas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que desenvolvan a súa actividade comercial nalgún concello polo que transcorra algún dos Camiños de Santiago (anexo III), que o domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.
  • Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II.
  • Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.

Publicación DOG Ficha Sede Electrónica

Válido desde: 
Martes, 8 Octubre, 2019
Válido hasta: 
Lunes, 11 Noviembre, 2019