Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración 2020


  • 29/11/2019
  • 30/12/2019
Accede desde aquí

TU503A -  Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración

Data de publicación: 28 de novembro de 2019

Data de inicio solicitude: 29 de novembro de 2019

Data de remate solicitude: 30 de decembro de 2019

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

As actuacións consideradas como subvencionables serán aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2020 en relación cos seguintes tipos de investimentos:

1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.
3. Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
4. Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento da contorna da instalación.
5. Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
6. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas físicas titulares de establecementos turísticos de aloxamento e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme á normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia, o establecemento turístico para o que se solicita a axuda.

Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Válido desde: 
Viernes, 29 Noviembre, 2019
Válido hasta: 
Lunes, 30 Diciembre, 2019