Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios - 2020


  • 10/12/2019
  • 31/12/2020

MR443A - Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios - 2020

Data de publicación: 9/12/2019

Data de inicio solicitude: 01/01/2020

Data de remate solicitude: 31/12/2020

Obxecto

Esta Orde ten por obxecto publicar as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2020. 

A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Empresa e incluídas na Agrupación Española de Entidades Aseguradoras dos Seguros Agrarios Combinados, S.A. (Agroseguro), ou a través dos axentes de seguros autorizados.

A contratación con estas entidades poderase realizar de forma individual ou ben de forma colectiva por medio de tomadores de seguros.

A axuda consistirá na subvención dunha porcentaxe sobre a prima comercial base, incluídas bonificacións e recargas, segundo se indica nos anexos da dita Orde.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias, entre outras, as persoas traballadoras autónomas ou por conta propia aseguradas titulares de explotacións agrarias ou de explotacións de acuicultura continental situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2020 e liñas gandeiras dos plans 2019 e 2020, formalizadas no 2020.

Publicación DOG Ficha informativa sede electrónica

Válido desde: 
Martes, 10 Diciembre, 2019
Válido hasta: 
Jueves, 31 Diciembre, 2020