Axudas destinadas á primeira adquisición dun buque de pesca - 2020


  • 26/12/2019
  • 27/01/2020
Accede desde aquí

PE119A - Axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para tripulantes de buques pesqueiros - FEMP (2020).

Data de publicación: 26 de decembro de 2019

Data inicio de solicitude: 27 de decembro de 2019

Data fin solicitude: 27 de xaneiro de 2020

Obxecto

As bases regulan o contido e procedemento de tramitación das axudas para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas a tripulantes de buques pesqueiros para fomentar unha pesca sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva; en concreto á primeira adquisición dun buque de pesca.

Características da axuda

O investimento máximo subvencionable será o do prezo de adquisición do buque e a axuda será o 25 % do devandito custo, sen que en ningún caso esta sexa superior a 75.000 €

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda os pescadores tripulantes de buques pesqueiros menores de 40 anos e de alta no Réxime das persoas traballadoras do mar que cumpran os requisitos establecidos no artigo 5º da mencionada orde.

Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Válido desde: 
Jueves, 26 Diciembre, 2019
Válido hasta: 
Lunes, 27 Enero, 2020