Axudas do Programa Emprega Discapacidade e Exclusión - 2020


  • 08/01/2020
  • 30/09/2020
Accede desde aquí

TR342A -  Axudas do Programa Emprega Discapacidade e Exclusión, formación e emprego con apoio - 2020

Data de publicación: 07 de xaneiro de 2020

Data de inicio solicitude: 08 de xaneiro de 2020

Data de remate solicitude: 30 de setembro de 2020

Obxecto

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas que favorezan a contratación das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social na empresa ordinaria e, especialmente, daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral.

Características da axuda

Esta axuda conta con tres tipos de bonos compatibles:

  • Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial, a temporal cunha duración mínima inicial de 3 meses e a transformación de contratos temporais en indefinidos a tempo completo ou a tempo parcial das persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social.
  • Bono de formación, dirixido ás persoas traballadoras cunha contratación indefinida inicial ou temporal mínima de 6 meses, beneficiarias do bono de contratación, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
  • Bono de emprego con apoio, que consiste nun conxunto de actividades de orientación e acompañamento individualizado que prestan, no propio posto de traballo, persoas preparadoras laborais especializadas ás persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades de inserción laboral e que realizan a súa actividade en empresas do mercado ordinario de traballo, en condicións similares ao resto dos traballadores e traballadoras que desempeñan postos de iguais características.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias desta subvención, entre outras, as persoas traballadoras autónomas que contraten persoas desempregadas por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Válido desde: 
Miércoles, 8 Enero, 2020
Válido hasta: 
Miércoles, 30 Septiembre, 2020