Subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria - 2020


  • 22/01/2020
  • 15/05/2020
Accede desde aquí

IN421L - Subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria (2020)

Data de publicación: 22/01/2020

Data inicio de solicitude: 10/02/2020

Data fin solicitude: 15/05/2020

Obxecto

As bases regulan as subvencións para equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria que cumpran cos requisitos e condicións establecidos na mesma.

Características da axuda

Con carácter xeral, serán proxectos subvencionables os custos de investimento adicionais necesarios para fomentar a produción procedente de fontes renovables e, nos proxectos de aforro e eficiencia enerxética os custos de investimento adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética, atendendo ao establecido nos anexos I e II.

O investimento mínimo para que a actuación sexa subvencionable debe ser de 5.000 euros por solicitude (IVE non incluído).

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas traballadoras autónomas que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector de produción agrícola primaria (actividades incluídas entre as clases da 1.11 á .02.40 do CNAE 2009, ambas incluídas)

Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Válido desde: 
Miércoles, 22 Enero, 2020
Válido hasta: 
Viernes, 15 Mayo, 2020