Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios - 2020


  • 24/01/2020
  • 24/02/2020
Accede desde aquí

MR340A - Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios - 2020

Data de publicación: 24/01/2020

Data inicio de solicitude: 25/01/2020

Data fin solicitude: 24/02/2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto convocar as subvencións para os investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agrícolas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2020.

Características da axuda

Considéranse subvencionables, con carácter xeral, os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e/ou comercialización de produtos agrarios, considerando como tales os produtos enumerados no anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, excepto os produtos da pesca.

Así mesmo, poderán subvencionarse investimentos relativos a procesos de transformación en que interveñan produtos non incluídos no anexo I do tratado, se estes son un compoñente menor do produto final. Considerarase que son un compoñente menor cando a cantidade ou valor económico total destes non supere o 25 % do peso ou valor económico total do produto final. 

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, os empresarios individuais que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as que recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren subvencionables.

Publicación DOG Ficha informativa na sede electrónica

Válido desde: 
Viernes, 24 Enero, 2020
Válido hasta: 
Lunes, 24 Febrero, 2020