Programa II. Axudas ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) - 2020


  • 03/02/2020
  • 30/09/2020
Accede desde aquí

TR340E - Programa II: Axudas ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) - 2020

Data de publicación: 03/02/2020

Data inicio de solicitude: 04/02/2020

Data fin solicitude: 30/09/2020

Obxecto

Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2020 dos incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

As axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos establecidos en cada modalidade, que se produzan e realicen entre o 1 de outubro de 2019 e o 30 de setembro de 2020, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa, coas particularidades que se establezan neste programa para cada modalidade. 

Características da axuda

As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas:

a) Subvención á creación directa de emprego estable.

b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.

c) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.

Persoas beneficiarias

Entre outras, as persoas autónomas con domicilio social, fiscal e centro de traballo en Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.


Publicación DOG Ficha sede electrónica

Válido desde: 
Lunes, 3 Febrero, 2020
Válido hasta: 
Miércoles, 30 Septiembre, 2020