Programa II: axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas - 2020


  • 03/02/2020
  • 01/10/2020
Accede desde aquí

TR349F - Programa II: axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas - 2020

Data de publicación: 03/02/2020

Data inicio de solicitude: 04/02/2020

Data remate solicitude: 30/09/2020

Obxecto

Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2020 dos incentivos á contratación indefinida inicial e á formación de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Características da axuda

Por medio destes bonos as empresas que soliciten a subvención terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial e para a formación (código de procedemento TR349F). Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.


Publicación DOG Ficha sede electrónica

Válido desde: 
Lunes, 3 Febrero, 2020
Válido hasta: 
Jueves, 1 Octubre, 2020