Subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal - 2020


  • 21/02/2020
  • 29/05/2020
Accede desde aquí

CO300C - Subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal - 2020

Data de publicación: 21/02/2020

Data inicio de solicitude: 22/02/2020

Data fin solicitude: 29/05/2020

Obxecto

As bases regulan o contenido e procedemento de tramitación das subvencións para a innovación, a dixitalización e a implantación de novas fórmulas de comercialización e expansión do sector comercial e artesanal.

Características da axuda

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva e suxeita ao réxime de mínimis, entre un máximo dun 80% - letras a) e e) seguintes - o do 70% de porcentaxe de subvención para os proxectos incluídos nas letras b) c) e d) seguintes:

1. Dixitalización comercial

a) Implantación e actualización de páxinas web comerciais.

b) Introdución de ferramentas de márketing 4.0: instrumentos de xeolocalización ou bigdata centrados na conectividade e na predición de patróns de consumo, publicidade en medios dixitais, ferramentas de realidade aumentada, e ofrecer experiencias reais e interactivas ao consumidor como produtos 3D ou probadores virtuais e chatbots ou instrumentos similares que guíen o cliente no proceso de compra.

c) Pulo á mellora da imaxe dixital: contidos audiovisuais de promoción do produto.

d) Servizos profesionais de xestión de redes sociais (community manager).

e) Implantación de ferramentas de xestión: sistemas integrados para a planificación de recursos empresariais comerciais e software adecuados ás necesidades da empresa.

2. Proxectos de modernización integral do local comercial incluídas nun proxecto de decoración e interiorismo.

a) As obras de reforma e acondicionamento integral da superficie de exposición e venda do local comercial.

b) Adquisición de moblaxe destinado á mellora da imaxe comercial e adquisición de equipamento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.

c) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreiros ou similares.

d) Actuacións conxuntas dun mínimo de tres establecementos comerciais contiguos para dotar de homoxeneidade estética a imaxe exterior dos comercios dunha mesma rúa comercial.

e) Os custos polos servizos profesionais de elaboración e redacción do proxecto de interiorismo e decoración.

3. Proxectos de expansión comercial

4. Participación ou posta en marcha de proxectos de tendas efémeras ou eventos pop-up

5. Proxectos de posta en marcha de concept stores

6. A adquisición de equipamentos propios da actividade comercial e artesanal

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as persoas físicas que cumpran cos requisitos establecidos na orde (artigo 3º).


Publicación DOG Ficha sede electrónica

Válido desde: 
Viernes, 21 Febrero, 2020
Válido hasta: 
Viernes, 29 Mayo, 2020