Subvencións en materia de ecoinnovación comercial - 2020
- 21/02/2020
- 21/05/2020
-
Etapa
CO300D - Subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial - 2020
Data de publicación: 21/02/2020
Data inicio solicitude: 22/02/2020
Data fin solicitude: 23/03/2020 (nova data por motivos do COVID-19: 21 de maio de 2020)
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a execución de proxectos ecoinnovadores no desenvolvemento da actividade comercial,
Características da axuda
Considéranse subvencionables os proxectos ecoinnovadores que conteñan algunha das seguintes actuacións:
1. Ecoenvases: solucións sustentables de empaquetado de produto e para o seu envío, de ser o caso, coa utilización de materiais cen por cento biodegradables.
2. Economía circular
3. Instalación de máquinas de reciclaxe de envases con incentivos
Persoas beneficiarias
Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, encaixen nos seguintes supostos:
- Comerciantes retallistas que cumpran os requisitos establecidos nas bases da convocatoria.
- Obradoiros artesáns que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
- Asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas, e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos
Válido desde:
Viernes, 21 Febrero, 2020
Válido hasta:
Jueves, 21 Mayo, 2020