Axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas - 2020
- 28/01/2020
- 10/06/2020
-
Etapa
MR404 - MR405 - Axudas para investimentos nas explotacións agrarias - 2020
Data de publicación: 28/01/2020
Data inicio de solicitude: 29/01/2020
Data fin de solicitude: 31/03/2020 (nova data por motivos do COVID-19: 10 de xuño de 2020)
Obxecto
Estas axudas teñen por obxecto apoiar para o ano 2020 as liñas incluídas no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:
a) Medida 4. Investimentos en activos físicos.
– Submedida 4.1 «Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas».
b) Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
– Submedida 6.1 «Creación de empresas para as persoas agricultoras mozas».
– Submedida 6.3 «Creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións».
Estas submedidas regúlanse mediante os procedementos administrativos seguintes:
a) MR404A Axudas á incorporación de mozos á actividade agraria.
b) MR405A Axudas para investimentos nas explotacións agrarias.
c) MR405B Axudas para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrarias.
Características da axuda
Estas axudas teñen como finalidade incrementar a competitividade e o rendemento global das explotacións mediante a súa modernización e asegurar a competitividade e a continidade do tecido agraraio, centrándose:
No apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (plans de mellora nas explotacións agrarias) (Procedemento MR405A).
No desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais para agricultores mozos (Procedemento MR404A) e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (Procedemento MR405B)
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas que teñan a condición de agricultor activo no momento da solicitude, ademais das condicións establecidas especificamente para cada procedemento.