Apoio ao acceso ao crédito das pemes e autónomos


  • 01/04/2020
  • 30/09/2020

IG535A - Apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas e autónomos

Data de publicación: 01/04/2020

Data inicio de solicitude: 02/04/2020

Data fin solicitude: 30/09/2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto favorecer o acceso a préstamos a longo prazo para acceso a liquidez para as pemes e autónomos cuxas actividades se atopen afectadas polo actual brote de COVID-19.

Características da axuda

Axuda en forma de garantía. Reaval ante SGR.

O Igape poderá subvencionar a fondo perdido un importe equivalente a suma dos xuros dos préstamos concedidos ao abeiro desta modalidade.

Ademais para ser beneficiaria desta liña de financiamento, a titular deberá formalizar un préstamo a un prazo de 4 anos, que será aplicado do seguinte xeito:

1) Un mínimo do 35% do seu principal será aplicado ao pago dos seguintes conceptos de gasto: Pagamentos a provedores de mercadorías, materias primas e aprovisionamentos; Pagamentos a acredores por prestación de servizos, arrendamentos e/ou subministracións; Pagamento de nóminas e seguros sociais; Gastos financeiros operativos; Pago de impostos e Primas de seguros en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.

2) Un máximo do 65% poderá ser aplicado á cancelación de débedas bancarias e outros conceptos, sempre e cando correspondan a algunha das seguintes modalidades:

- Pago de coutas de préstamos, leasing e/ou renting vencidas ou que venzan durante os tres meses seguintes á data de formalización.
- Pago de saldos dispostos de pólizas de crédito, sempre que estas incrementen o seu dispoñible na contía da aplicación do préstamo a esta finalidade, e se manteñan abertas ata o seu vencemento.
- Débedas bancarias vencidas, cuxo vencemento se producise con posterioridade ao 1 de marzo de 2020.
- A comisión do aval así como as achegas ao capital das Sociedades de Garantía Recíproca.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda, entre outras, as personas autónomas.


Modificación bases Bases reguladoras

Válido desde: 
Miércoles, 1 Abril, 2020
Válido hasta: 
Miércoles, 30 Septiembre, 2020