Axudas destinadas á instalación de anteparos nos vehículos taxi e de alugamento con condutor - 2020
- 11/06/2020
- 31/07/2020
-
Etapa
IF311A - Axudas destinadas á instalación de anteparos nos vehículos dedicados ás actividades de taxi e de alugamento con condutor - 2020
Data de publicación: 13 de xuño de 2020
Data de inicio solicitude: 14 de xuño de 2020
Data de remate solicitude: 31 de xullo de 2020
Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de axudas a persoas titulares de autorizacións de transporte habilitantes para o exercicio das actividades de transporte público interurbano en vehículos de turismo, documentadas en autorizacións da serie VT-N, ou de autorizacións administrativas habilitantes para o exercicio da actividade de alugamento de vehículos con condutor, documentadas en autorizacións da serie VTC.
Características da axuda
Con cargo a esta orde será subvencionable a adquisición de anteparos para vehículos taxi e vehículos de alugamento con condutor.
Só será subvencionable un anteparo por cada autorización de transporte público interurbano en vehículos de turismo taxi ou de alugamento con condutor.
Os anteparos obxecto da subvención configúranse como un elemento de protección fronte ao COVID-19, debendo consistir nun elemento non permanente e que resulte doado desmontar, de carácter transparente, e que permitirá separar a fila de prazas dianteiras, en que se sitúa a persoa condutora, do resto de filas de asentos do vehículo.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas titulares de autorizacións de transporte habilitantes para o exercicio das actividades de transporte público interurbano en vehículos de turismo, documentadas en autorizacións da serie VT-N, ou de autorizacións administrativas habilitantes para o exercicio da actividade de alugamento de vehículos con condutor, documentadas en autorizacións da serie VTC, en ambos os casos domiciliadas en Galicia e expedidas polos servizos de mobilidade competentes.