Subvencións para a loita contra as enfermidades profesionais no sector mineiro en Galicia - 2020
- 12/06/2020
- 28/07/2020
-
Etapa
IN317A - Subvencións para a loita contra as enfermidades profesionais no sector mineiro en Galicia - 2020
Data de publicación: 12 de xuño de 2020
Data de inicio solicitude: 29 de xuño de 2020
Data de remate solicitude: 28 de xullo de 2020
Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das axudas, en réxime de mínimis, para incentivar ás empresas mineiras á aplicación de tecnoloxías innovadoras e á implantación das mellores técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro de Galicia.
Características da axuda
Serán subvencionables dúas liñas de actuación:
Liña A: investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico da zona afectada pola actividade mineira, en especial mediante a redución das emisións de po e ruído.
Liña B: investimentos destinados a mellorar as condicións laborais, en especial a redución da exposición ao po e ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as empresas privadas que, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, realicen actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das ditas actividades ou, cando proceda, coa conformidade do órgano administrativo correspondente, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración.
Para os efectos do disposto nesta orde, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas os empresarios persoas físicas que exerzan actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas que exerzan unha actividade económica de forma regular.