Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial


  • 01/06/2020
  • 28/07/2020
Accede desde aquí

IG414A - Programa de adquisición de competencias profesionais en materia de internacionalización empresarial - 2020

Data de publicación: 18 de xuño de 2020 (primeira publcación o 2 de marzo de 2020)

Data inicio de solicitude: 1 de xuño de 2020

Data remate de solicitude: 21 de xullo de 2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto convocar a convocatoria de 50 prazas para a capacitación de mozos profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

Características da axuda

A duración inicial da bolsa establécese nun máximo de doce meses contados desde a data de comezo que para tal efecto fixe a resolución de concesión. O Igape poderá prorrogala por un máximo de ata 12 meses adicionais en función da necesidade de finalizar ou completar unha parte da formación que xa tivese comezado ou estivese a piques de comezar.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias desta axuda:

1. Persoas que teñan nacido a partir do 1 de xaneiro de 1990.

2. Posuír a nacionalidade española e nacido en Galicia, ser nacido en Galicia e estar nacionalizado nun Estado membro da Unión Europea, ou estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia con dous anos de antigüidade á data de publicación destas bases.

3. Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes:

a) Universitarias (licenciatura, diplomatura, enxeñaría ou grao): Administración e Dirección de Empresas, Ciencias do Transporte e Loxística, Ciencias Económicas e Empresariais, Ciencias Empresariais, Ciencias Políticas, Comercio, Comercio Exterior, Dereito, Dirección e Creación de Empresa, Dirección de Empresas-BBA, Dirección Financeira e Contabilidade, Economía, Enxeñaría, Estatística e Empresa, Márketing e Dirección Comercial, Márketing e Investigación de Mercados, Relacións Internacionais, ou outras con distinta denominación, pero de contidos similares ás citadas.

b) Formación profesional: técnico superior en Comercio Internacional.

c) Outras titulacións universitarias non preferentes (licenciatura, diplomatura ou grao) doutras temáticas coa condición de que se dispoña ademais de título de máster en Comercio Internacional.

4. Coñecementos de inglés (falado e escrito).

5. Estar dado de alta como demandante de emprego (ou demandante de mellora de emprego) no servizo público de emprego antes da data de presentación da súa solicitude de axuda.


Publicación DOG Publicación modificación bases

Ficha sede

Válido desde: 
Lunes, 1 Junio, 2020
Válido hasta: 
Martes, 28 Julio, 2020