Axudas para o desenvolvemento de produtos, proxectos e obras realizados con madeira - 2020


  • 17/07/2020
  • 30/09/2020

IN502 - Axudas para o desenvolvemento de produtos, proxectos e obras realizados con madeira - 2020

Data de publicación: 17 de xullo de 2020

Data inicio de solicitude: 18 de xullo de 2020

Data remate de solicitude: 30 de setembro de 2020

Obxecto

As bases teñen por obxecto convocar as axudas ao desenvolvemento de produtos, proxectos e obras realizados con madeira no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Características da axuda

As actuacións obxecto de apoio deben basearse nas seguintes liñas:

Liña 1.1 (código de procedemento IN502B): axudas á redacción de proxectos de execución de construción nova, rehabilitación ou reforma de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

Liña 1.2 (código de procedemento IN502C): axudas a proxectos para o desenvolvemento de envases, embalaxes ou publicidade no lugar de venda (expositores PLV) realizados con madeira.

Liña 1.3 (código de procedemento IN502D): axudas á redacción de proxectos de execución de novas vivendas unifamiliares ou de rehabilitación ou reconstrución de vivendas unifamiliares que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.

Liña 2 (código de procedemento IN502E): axudas á realización de obras de reforma ou acondicionamento de locais comerciais ou de negocio con produtos de madeira.

Persoas beneficiarias

Poderán ter a condición de beneficiarias nas correspondentes convocatorias anuais destas axudas:

Para as liñas 1.1, 1.2 e 2: empresas e organismos intermedios. Para os efectos destas bases, considerarase empresa calquera entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que desenvolvan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, as sociedades de persoas e as asociacións que desenvolvan unha actividade económica de forma regular.

Para os efectos destas bases, entenderase como organismo intermedio as organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio ás pemes e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.

 Para a liña 1.3: persoas físicas.


Publicacón boletín

Válido desde: 
Viernes, 17 Julio, 2020
Válido hasta: 
Miércoles, 30 Septiembre, 2020