Préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020
- 14/08/2020
- 30/12/2020
-
Etapa
IG534C - Préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020
Data de publicación: 14 de agosto de 2020
Data inicio de solicitude: 16 de agosto de 2020
Data remate de solicitude: 30 de decembro de 2020 (ata agotar o crédito dispoñible)
Obxecto
As bases teñen por obxecto convocar, os préstamos Pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020 que permitan poñer á disposición das pemes liñas de financiamento directo que melloren o seu acceso ao crédito, e faciliten a execución de proxectos de investimento na Comunidade Autónoma. Inicialmente, convócase un programa de préstamos dirixido a proxectos innovadores, para os que as incertezas e riscos de implantación característicos deste tipo de proxectos, xunto co seu especial interese na competividade do tecido produtivo, fan máis intensa a necesidade de apoio público.
Características da axuda
O Igape poderá financiar proxectos empresariais viables que se vaian implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran, ademais, os requisitos específicos establecidos no anexo I para cada modalidade de produto. Os investimentos para financiar non poderán terse concluído nin executado integramente na data da resolución da solicitude de préstamo. Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude e dentro do prazo concedido para a execución do proxecto.
Actividades financiables. Os proxectos financiables deberán estar vinculados ás actividades establecidas como financiables, que serán as sinaladas no anexo I para cada unha das modalidades do produto financeiro, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarios dos préstamos regulados nestas bases aquelas pequenas, medianas ou microempresas conforme a definición establecida pola Comisión Europea.