Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para o mantemento do autoemprego na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas - 2021


  • 29/03/2021
  • 30/09/2021
Accede desde aquí

PR937A - Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para o mantemento do autoemprego na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas 2021

Data de publicación: 29/03/2021

Data inicio de solicitude: 30/03/2021

Data remate de solicitude: 30/09/2021

Obxecto

As bases teñen por obxecto aprobar as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das dúas liñas de subvencións dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que exerzan a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma galega:

– Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora: teñen por finalidade fomentar o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

– Liña 2 subvencións COVID-19 para mantemento do autoemprego: destinadas a compensar as perdas provocadas pola redución da actividade económica das persoas traballadoras autónomas ou por conta propia no contexto actual de pandemia.

Características da axuda

Liña 1 subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora:

Para promover a creación e o desenvolvemento do autoemprego das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes que se establezan na Comunidade Autónoma galega, establécese unha contía da subvención de 5.000 euros. Este importe poderase incrementar no caso de ser muller ou de que o centro de traballo se sitúe nun concello rural.

Liña 2 subvención COVID-19 para mantemento do autoemprego:

As subvencións destinadas a esta liña COVID-19 terán un importe de 3.000 euros.

As subvencións da liña 1 e da liña 2 recollidas nesta resolución son incompatibles entre si.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma galega:
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.


Publicación DOG Ficha sede

Subsanación erros

Válido desde: 
Lunes, 29 Marzo, 2021
Válido hasta: 
Jueves, 30 Septiembre, 2021