Subvencións para implantar as normas UNE para a certificación da marca Q de calidade turística - 2021
- 30/03/2021
- 29/04/2021
-
Etapa
TU970A - Subvencións para implantar as normas UNE que conduzan á certificación da marca Q de calidade turística do ICTE - 2021
Data de publicación: 29 de marzo de 2021
Data de inicio solicitude: 30 de marzo de 2021
Data de remate solicitude: 29 de abril de 2021
Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Turismo de Galicia, para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á obtención, seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE (Instituto para a Calidade Turística Española).
Características da axuda
Esta subvención atenderá aos seguintes custes subvencionables:
- Os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados pola entidade auditora acreditada polo ICTE para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación correspondente ao ano 2021.
Tamén serán obxecto das axudas os gastos de auditoría externa derivados dos aprazamentos dos procesos de seguimento e/ou renovación correspondentes ao ano 2020, que se realicen en 2021, sempre e cando fosen aprobados polo ICTE e cuxa data de facturación se produza en 2021. As contías das axudas dos procesos de aprazamentos terán unha intensidade do 30 %.
Só se terán en conta as xustificacións de gasto con data da auditoría de certificación posterior, quedando excluídos os gastos xerados polo persoal dependente dos establecementos, así como aqueles gastos en que incorra o solicitante durante o proceso de implantación da correspondente norma UNE. Os importes obxecto de subvención serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditoría externa realizada no ano 2021.
- Os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2021, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións:
– Categoría 1ª: os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local recollidas no artigo 85.2.A da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
– Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.