Subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas - 2021
- 25/05/2021
- 25/06/2021
-
Etapa
IN421G - Subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas - 2021
Data de publicación: 25/05/2021
Data inicio de solicitude: 26/05/2021
Data remate de solicitude: 25/06/2021
Obxecto
As bases teñen por obxecto establecer as bases reguladoras e promover a convocatoria das subvencións para apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables.
Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica.
Características da axuda
Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións descritas no artigo 6.1 das bases que se executen dentro do territorio da Comunidade Autónoma e o prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez que se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto:
a) O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares, bomba de calor, caldeira...). No caso da biomasa, o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).
b) O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.
c) O custo do sistema de almacenamento do combustible.
d) O custo do sistema de alimentación do combustible.
e) O custo de montaxe e conexionado.
f) No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondeos, intercambiadores, acumuladores, tubaxes, outros.
g) No caso de redes de distribución de calor con biomasa, o custo da rede de distribución de enerxía térmica (ata a sala de caldeira existente se se conecta a ela ou, no caso contrario, ao punto de entrada ao edificio) e, se for o caso, o custo dos sistemas para a conexión coas salas de caldeiras existentes. A obra civil necesaria da sala de caldeiras.
Persoas beneficiarias
Poderán acceder á condición de beneficiarias das presentes subvencións:
a) As entidades locais de Galicia e entidades delas dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos